Camiño de Santiago
Cuarta etapa: Ourense-Cea
![]() |
As Burgas |
Día 2 de maio. Día especial e recordo a todas as nais. Son as 9 da mañá. Saída das Burgas. O día está fresco e claro.
![]() |
Ponte Romana. Ourense |
![]() |
Camiño Real. Cudeiro |
Aquí empezamos a subida polo Camiño Real. Rúas de pedra, casas coidadas, pero unha boa pendente ata a Ermida de San Marcos da Costa.
Dende aquí temos unha boa vista de Auria. Seguimos subindo ata Sartédigos. Levamos 9 quilómetros e máis de dúas horas. O máis duro xa o pasamos. Foi ao comezo do traxecto, estabamos descansados e a mañá fresca.
![]() |
Comadres, compadre |
![]() |
Ponte Sobreira |
Continuamos ata Casas Novas e alí agrupámonos. Xa non queda nada para o noso destino. Reanudamos a marcha por carreiros onde hai que camiñar de un en un, pero vaise ben, xa que a sombra dos bidos, freixos e carballos continúa.
Ao saír ao asfalto xa vemos Cea. Pasamos diante dunha imaxe preciosa da Virxe nun xardín. Rezamos e dámoslle unha esmola.
Agora imos baixo o sol e unhas grandes néboas no ceo. Xa avistamos a torre do reloxo. Unha pequena subida e entramos na praza de Cea. Son as dúas e vinte minutos. Foron 24 quilómetros en algo máis de cinco horas.
Estamos no ecuador do Camiño. Santiago xa está máis preto. Hoxe temos un bo agasallo, un bolo de pan de Cea. Graciñas! Recollémolo con ledicia. Imos comer o bocata coa cervexa fresquiña, ben merecida.
![]() |
Praza de Cea |
Serafín Vázquez. 4 de maio de 2021.
No hay comentarios:
Publicar un comentario