Andaina pola Ribeira do Támega
![]() |
Seguimos á beira do regueiro ata Cabreiroá. Á dereita pacen moitas vacas. Algunhas baixan ao regueiro a beber. Non é moi habitual velas pola contorna. Sempre me gustaron. Moitas veces fun dende ben pequeno con elas aos pastos e ao monte. Son animais pacíficos. Viñan á man cando se chamaban para xunguir. Estaban quietas cando se munguían. Raramente daban un couce. Algunhas deixábanse rañar en calquera sitio. Nas aldeas da montaña de Ourense eran o sustento da nosa xente. Lembro o lance de Cousas de Castelao "Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ao redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío e enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgraza...."
![]() |
Lagar rupestre de San Antón |
![]() |
Río Támega |
sentín cantar e choreie
eran os meus amoriños
que ían pra Monterreie.
Pasamos por Queizás, seguimos a beira do río ata entrada de Verín polo Camiño da Noria. Da outra beira está Pazos. Aínda nos queda subir ata Ábedes. Xa temos ganas de chegar. Todo o traxecto foi polo val e sen subidas, pero a chuvia cansa, molla e molesta. Foron 14 quilómetros en case 3 horas.