Quinta do Astante. Barrica.
 |
Tinto barrica.2020
|
Por primeira vez, despois de 20 anos elaborando viño branco e tinto, sacamos o primeiro tinto con seis meses de barrica. O atrevemento foi debido á que consideramos a mellor colleita destas dúas décadas. A calidade da uva foi excelente. O esmero na elaboración non foi menos. Os catadores e degustadores das primeiras botellas cualifícano como extraordinario, equilibrado, harmónico e redondo. Moitas grazas pola vosa boa acollida e tan desmerecida cualificación!!
Serafín Vázquez, 20 de xuño de 2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario