viernes, 29 de enero de 2010

CHEGAREMOS A XUBILARNOS?


Parece que cada vez a xente se vai xubilar máis tarde. Se cadra, algúns, xa non chegaremos a cobrar, pois cada pouco van aumentando a idade para retirarse. Talvez, teremos que traballar ata que non poidamos máis ou vaiamos para o outro mundo, como pasaba hai anos. Agora a xente maior era a que máis viaxaba, sobre todo, en determinadas épocas do ano. Xa sabemos esas axudas que o goberno lles dan para incentivalos. Pero, se nos seguen aumentando os anos que temos que traballar, os que andamos nos 40 ou algo máis, polo menos quedarán máis de outros tantos como levamos currando, (e xa son case 20). Nós xa non poderemos disfrutar desa vida, como os de hoxe. Se facemos contas, teremos unha vida laboral de case 50 anos. Aturaremos tanto? Non se resentirá o noso lombo? Eu xa estou mentalizado para ir ao curre ata os 70. Si, xa sei que hoxe hai moitos profesionais, médicos, profesores, etc que xa o fan. Teñen todo o dereito e paréceme ben, sempre que as súas condicións físicas e mentais llo permitan. Pero, que todos, por lei, o teñamos que facer, é moi debatible.
Por outra banda, hai moitos sectores con prexubilados aos 55. Como se entende iso? Xente de profesións que non requiren grande esforzo físico e que están perfectamente de saúde. E aínda máis, xubílanos á forza. Recordemos casos de profesionais da televisión, a banca, industria do automóbil ou naval, etc. Esta xente con esa idade, experiencia, formación adquirida, supónse que están na mellor época da súa vida. Por que os xubilan entonces? Non hai unha certa contradición?

2 comentarios:

  1. Ola Serafín
    Noraboa por mentalizarte tan pronto en currar ata os 70. Eu para levar a contraria, coma sempre, penso en andar de baranda ata moito despois desa data. Comezaremos neste antroido e pode que pasemos por Verín.
    Saúdos
    Marta Arias

    ResponderEliminar
  2. Pois eu xa me vexo dando clase co bastonciño para soster a perna da reuma, a dentadura nun vasiño enriba da mesa, as mans temblorosas intentando atinar nos botonciños do encerado dixital, un audífono para non deixar de escoitar o timbre da saída...

    ResponderEliminar