lunes, 13 de septiembre de 2010

Comezo do curso


Onte, domingo día 12 de setembro, lin un artigo de César Casal en La Voz de Galicia que me chamou a atención e me fixo reflexionar sobre os adolescentes-estudantes que están estes días comezando o curso. Creo que os que somos profesores e os pais debemos pensar sobre a educación que reciben, sobre todo na casa. Dende logo a min paréceme que está moi acertado, César Casal. Hoxe os adolescentes son uns privilexiados aos que se lles dá todo o que queren, uns señoritos que non fan nada en casa e aos que para eles estudar non é unha necesidade, senón unha especie de castigo que van levando malamente. Isto débese a que non teñen que esforzarse para lograr nada. Todo o teñen, non teñen necesidades. O esforzo para eles non existe. Para que? Total conseguen todo sen esforzo, nin sufrimento. Total non se teñen que privarse de nada. Cara a onde imos? Estes son os fillos que queremos ter? Estes son os mozos que queremos formar para o futuro?
Podería escribir moito sobre isto, pero prefiro que pais e profesores lean o artigo, reflexionen e quiten as súas propias conclusións.


Pobres profes

No me gustaría nada ser profesor y recibir dentro de unos días a la pandilla de adolescentes malcriados que les enviamos desde las casas, para no tenerlos más delante. Chicos y chicas a los que los padres jamás les decimos que no. Hedonistas informáticos que tienen como dioses unos cascos con los que solo oyen ruido. Cascos que, además, les sirven para no tener que escuchar nada de los que les dicen en su casa. Adolescentes sin normas, que solo buscan recibir y jamás se plantean dar. Como en todo, hay excepciones, pero la montaña de frases que llevo escuchadas a madres desesperadas no aportan mucho optimismo. Madres que dicen que su hijo no recoge nada, que no limpia nada, que no ayuda nada y que, en ocasiones, mira con unos ojos que recuerdan al chaval de la catana. Madres, por cierto, que lograron que sus hijos fuesen así porque cuando eran más pequeños ellas mismas le decían: «Ay, pobrecito, cómo va a fregar los cacharros. Ay, pero si es un niño. Cómo va a hacer las camas». Hijos que solo son puntuales para recibir la paga. ¿Paga por qué? ¿Por ser hijo? Una paga que, por supuesto, les parece cutre. Chavales, en general, reñidos con el sudor y con el esfuerzo. Chavales con un nivel de tolerancia a la frustración bajo cero, acostumbrados a tener todo y ya. Chavales tan difíciles de motivar como un semáforo. Este ejército de descontrolados llega rabioso a las aulas. Lo dicho, pobres profes.

César Casal, La Voz de Galicia. 12/09/2010

viernes, 4 de junio de 2010

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Mañá celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Coincidindo con dita conmemoración vanse celebrar en Santiago na tarde do venres 4 e o sábado 5, as "Xornadas da Axenda 21 Escolar de Galicia. Educando pola sostibilidade nos centros educativos". Alí imos estar máis de 200 profesores de toda Galicia, asesores de formación, persoal da Consellería de Medio Ambiente e expertos na materia de Asturias, País Vasco e Cataluña.
O proxecto da Axenda21 Escolar de Galicia, partiu da Consellería de Medio Ambiente, pero vai dirixida aos centros educativos. Neste momento son máis de 45 colexios de primaria e secundaria os que están participando. O que se pretende con este programa é revisar a práctica educativa dos centros para formar ás xeracións futuras: formar cidadáns responsables que adquiran unha serie de valores, actitudes, hábitos e comportamentos (capaces de participar democraticamente no medio, de tomar decisións e de asumir responsabilidades). Hai centros que xa levan 4 ou 5 anos traballando no tema. A filosofía da A21 impregna a práctica diaria do centro. Está recollida nos seus documentos (Proxecto Educativo); participa un elevado número de profesores, alumnos, PAS; está na programación de moitas materias.
Non se trata de facer actividades medioambientais, senón de cambiar a metodoloxía na liña da interdisciplinaridade, das estratexias de aprendizaxe colaborativa e na acción curricular conxunta.
A través deste proxecto axudamos a implementar a LOE. Vanse traballar moitas das competencias que o alumnado debe adquirir: interacción co medio físico, social e cidadá, autonomía e iniciativa persoal e tamén dalgunha medida outras como a comunicación lingüística, competencia dixital, aprender a aprender, etc.
Parabéns para todos os centros participantes e ánimo aos demais para que o fagan.

jueves, 27 de mayo de 2010

Xuntanza de centros da Axenda 21 en O Riós


O 25 de maio tivo lugar no CEIP de As Vendas da Barreira unha xuntanza dos colexios de primaria da comarca que participan neste proxecto. Foi o centro anfitrión das Vendas e o CEIP Vicente Risco de Cualedro.
A Axenda 21 Escolar de Galicia é un proxecto da Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Educación. Trátase de temas relacionados co medio ambiente para traballar nos colexios.
O colexio de Cualedro leva dous anos traballando no tema de residuos. Recollida selectiva, reciclado de material, reutilización do mesmo Participan todos os mestres do centro, todos os alumnos, conserxe e persoal da cociña e limpeza. O centro das Vendas comezaron este ano. O seu proxecto versa sobre a Paisaxe e o entorno. Fixeron un excelente traballo en relación co castiñeiro. Tratábase de dar a coñecer unha actividade tradicional moi implantada na comarca. Plantación e coidado dos soutos, uso da madeira do castiñeiro, a carpintería, elaboración de cestos e recollida da castaña, enxertos, etc.
Houbo diferentes actividades para concienciar a todos dos problemas da terra. Tamén contamos coa presenza de Anxo Moure. Tivo varios actos de contacontos para todos os alumnos e logo outra sesión especial para os nenos de infantil.
A mensaxe para todos era Pensar globalmente e actuar localmente.
Foi tamén un día de convivencia entre alumnado e profesorado. Comemos todos xuntos e xogaron os nenos mesturados dos dous centros.
Contamos coa presenza de varias autoridades: o Delegado Provincial da Xunta, o Xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, O alcalde e Tenente alcalde do concello de O Riós e do Inspector de Educación do colexio de As Vendas.
Parabéns para todos e ánimo para continuar nos próximos anos con esta iniciativa!!

lunes, 19 de abril de 2010

Paula Carballeira



O pasado 16 de abril tivemos a sorte de disfrutar da presenza da escritora e actriz no instituto Castro de Baronceli de Verín. Foi dobre a sesión. A primeira parte falou como escritora, sobre todo, da obra O lobishome de Candeán, que leran un grupo de alumnos do instituto. Foi moi amena, didáctica e cercana para os alumnos. Os últimos minutos, adicados ao coloquio, as preguntas foron moi diversas e, incluso, dirixidas máis á actriz cá escritora. Paula, con ese sorriso constante e a súa calidez, respondeu a todos de maneira amabilísima. Pero a segunda parte da sesión foi a que todos estabamos agardando con ansiedade. Os contos narrados e representados foron espectaculares. Estivo brillantísima. A intriga estivo en todos eles. O ton de voz mantiña a todos atentos. A xesticulación/representación foi espectacular. Incluso o medo/misterio nos envolveu. Ninguén estivo distraído/aburrido. Dende logo pagou a pena. Graciñas Paula.

martes, 23 de marzo de 2010

Viticultura


Parece que está de moda a viticultura. Hai persoeiros famosos do mundo do cine, fútbol, etc que están relacionados con este sector. Non sei se é moi rendible economicamente ou é polo encanto que posúe. A verdade é que engancha. É apaixonante. Dende logo, eu ata hai uns 8 anos era unha persoa profana no viño. Agora disfruto del. Para min, é un ocio, non un negocio. Debo recoñecer que parte deste goce llo debo ao meu amigo Javier. Compartimos profesión e tamén algunhas afeccións. Esta é a que máis nos une. Tanto el como eu, ata hai uns anos descoñecíamos este mundo. El, chegou a través das catas e degustacións dos viños de Monterrei (hoxe é un experto catador). Eu cheguei polo camiño inverso: coidado dunhas viñas da familia. Partindo de polos opostos, encontrámonos no camiño. Hoxe os dous gozamos co traballo da viña, da vendima, da elaboración dos caldos e, sobre todo, do placer dunha boa mesa acompañada do noso viño. Este ano estamos orgullosos tanto do branco coma do tinto. Seguro que o ano que vén aínda será mellor. Seguimos aprendendo.
Pero non se trataba de escribir de min, senón dunha persoa que de maneira moi discreta está elaborando uns viños excelentes. Esta persoa é José Luis Mateo (A Trabe, Gorvia, Muradella, Alanda, Finca Notario). Os seus viños son EXCELENTES. A verdade é que dentro da D.O. Monterrei hai grandes e moi boas adegas. Non citarei ningunha, xa que todas merecen un recoñecemento. Soamente quero felicitar a José Luis pola súa gran obra. El é unha persoa discreta e humilde, pero tamén traballador que se esmera e ama o que fai. De aí, o recoñecemento tanto en Galicia como fóra. Sen dúbida, é un exemplo a seguir. PARABÉNS!!

jueves, 18 de marzo de 2010

Vivir debaixo dunha ponte


Aínda que pareza mentira, é unha realidade. Veciños que teñen casa, boa casa, bo piso, viven debaixo dunha enorme ponte (ou viaduto). Non se trata de persoas sen recursos. Casos sonados son os de Culleredo, pero tamén os de Ourense (saída centro da autovía), dos Peares (estrada N.120 Ourense-Monforte). Todos estamos a favor do progreso, da modernización das infraestruturas. Pero pregúntome, se hai casos que, por culpa dun xacemento arqueolóxico (que por suposto se deben respectar), se desvía unha estrada, autovía, línea de AVE, non é razón suficiente que haxa unha vivenda habitada para desviar este tipo de infraestruturas? Estas persoas, os fillos, netos deben vivir toda a súa vida pasándolles coches, autobuses, camións enriba da súa cabeza? Terán que durmir todos os días co "trummm, trummm" enriba deles? Xa non quero pensar, qué pasaría, se algún día houbese un accidente.
En Galicia son numerosos os casos en que, por pasar as estradas polo medio das poboacións, os vehículos se empotran en casas. Algunhas delas, incluso, sufriron varios accidentes. Recordo, perfectamente que na aldea de Queizás, próxima a Verín, hai uns anos un camión derrubou boa parte da casa dun paisano. Por sorte para el, estaba durmindo no outro lado da vivenda.
Reitero que hai que facer vías de comunicacións de acorde cos nosos tempos. Pero, por favor, un pouco de sentidiño.

jueves, 11 de marzo de 2010

"El Desván de los Monjes"


Xa sei que non é ningunha novidade hoxe, pero non me puiden resistir a falar algo do asunto. Son as palabras do Conselleiro de Cultura e Turismo en Madrid chamándolle Desván de los Monjes a Sobrado dos Monxes. Eu entendo que un conselleiro estea moi ocupado, que lle escriban os discursos, pero non podo entender que non os lea previamente. Porque creo que esta é a razón. Non é posible que tendo lido o texto, non lle chamara a atención o lugar de Desván de los Monjes. Todos sabemos que se segue a utilizar a toponimia en castelán. Coñecida é a disputa que houbo durante moitos anos con A/La Coruña. Eu coñezo a moitos de Orense que veranean en Sanjenjo (lo dicen con un tono muy pijo, claro). Síntoo, pero non me puiden resistir á retranca. Eu son galego, aínda que sexa no sentido pexorativo, como dixo a "amiga Rosa". Que lle vou facer, se tiven a desgraza de nacer aquí! (volveu a retranca). Outras deturpacións da nosa toponimia moi chamativas en tempos pasados son Haciadama por Acea da Má, ou El Niño de la Guía p0r Niñodagia (onte mesmo estiven nesta aldea do concello de Baltar). Eu pensaba que esta etapa xa estaba superada.
Debemos crer máis en nós, no que somos, na nosa cultura e nas nosas posibilidades. De non ser así, desapareceremos do mapa. Os primeiros que deben cumprir e respectarnos son os nosos gobernantes. Se non é así, xustificaremos as acepcións que tiña(pasado) o diccionario da RAE o termo galego. Así nos tratarán Rosa Díez, Arcadi Espada e outros mais.