jueves, 27 de mayo de 2010

Xuntanza de centros da Axenda 21 en O Riós


O 25 de maio tivo lugar no CEIP de As Vendas da Barreira unha xuntanza dos colexios de primaria da comarca que participan neste proxecto. Foi o centro anfitrión das Vendas e o CEIP Vicente Risco de Cualedro.
A Axenda 21 Escolar de Galicia é un proxecto da Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Educación. Trátase de temas relacionados co medio ambiente para traballar nos colexios.
O colexio de Cualedro leva dous anos traballando no tema de residuos. Recollida selectiva, reciclado de material, reutilización do mesmo Participan todos os mestres do centro, todos os alumnos, conserxe e persoal da cociña e limpeza. O centro das Vendas comezaron este ano. O seu proxecto versa sobre a Paisaxe e o entorno. Fixeron un excelente traballo en relación co castiñeiro. Tratábase de dar a coñecer unha actividade tradicional moi implantada na comarca. Plantación e coidado dos soutos, uso da madeira do castiñeiro, a carpintería, elaboración de cestos e recollida da castaña, enxertos, etc.
Houbo diferentes actividades para concienciar a todos dos problemas da terra. Tamén contamos coa presenza de Anxo Moure. Tivo varios actos de contacontos para todos os alumnos e logo outra sesión especial para os nenos de infantil.
A mensaxe para todos era Pensar globalmente e actuar localmente.
Foi tamén un día de convivencia entre alumnado e profesorado. Comemos todos xuntos e xogaron os nenos mesturados dos dous centros.
Contamos coa presenza de varias autoridades: o Delegado Provincial da Xunta, o Xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, O alcalde e Tenente alcalde do concello de O Riós e do Inspector de Educación do colexio de As Vendas.
Parabéns para todos e ánimo para continuar nos próximos anos con esta iniciativa!!